Este son eu

Dende hai dous anos paso boa parte do meu tempo no Espacio Nido, local de coworking situado no centro de Vigo. Aquí xorden as ideas e créanse os contidos necesarios para levar adiante os proxectos nos que colaboro ou dos que son o responsable. Páxina 81 é outro paso máis dun camiño que ten como paradas a Cadena Ser, a Radio Galega, PRISA Revistas ou Galinus, axencia de marketing situada na Costa da Morte.

Que fago? Crear contido de calidade e xestionar a comunicación das empresas que chegan á Páxina 81, a través das súas páxinas web, blogs ou redes sociais. E colaborar con profesionais que comparten comigo o Espacio Nido ou que habitan outros espazos, en proxectos que requiren habilidades que eu non teño.

Pero ademais son cofundador e colaborador do blog de viaxes Equipaxe de man. É un sitio no que compartir viaxes e experiencias e no que reivindicar un espazo para o galego na rede.

Por último, ou case, formo parte da xunta reitora da cooperativa O Tempo da Aldea. Na aldea do meu pai, en Rebordechán (Crecente), estamos a crear un proxecto para poñer en valor e explotar os recursos da parroquia, para darlle nova vida á aldea.

As miñas capacidades

Creación de contidos

100%

Xestión de redes sociais

90%

WordPress

75%

Vídeo corporativo

80%